INTERNACIONALIZACIÓN


Integrando as distintas áreas do Dereito de Negocios, Mercantil e Internacional Privado, Castreje & Co presta un servizo xurídico profesional a empresas e particulares, ben sexa con medios propios ou mediante Convenios con despachos de países estranxeiros, en calquera materia xurídica na que o cliente (sexa particular ou empresa nacional ou multinacional) precise asistencia xurídica, na Unión Europea, África (fundamentalmente Área do Magreb) e América.

Internacionalizarse é, hoxe en día, fundamental para as empresas; pero facelo sen contar co asesoramento legal axeitado pode resultar prexudicial para a economía e reputación da empresa.

Por iso, en Castreje & Co Avogados asesoramos ás sociedades, de todo tipo de sectores industriais ou comerciais, na busca de novos mercados nos que colocalos produtos xa existentes, e tamén, na busca de proxectos emprendedores capaces de maximizalas súas capacidades e coñecementos técnicos, para conseguir o maior beneficios ou rendementos posible.

Para todo elo, poderá ser necesaria a busca de socios estratéxicos, ou de financiación; cuxas condicións e termos contractuais deberán ser analizados con detalle para garantila seguridade xurídica.