CIVIL E PENAL


Dende o primeiro día da súa fundación, en Castreje & Co somos civilistas.

O campo do Dereito Civil afecta ó dia a día da actividade de cada persoa física ou xurídica, ó regular campos tan diversos e relevantes como o da familia (contratos prematrimoniais, disolución de sociedades de gananciais, divorcio, separación, sucesións), dereito da persoa, hipotecas, obrigacións e contratos, arrendamentos, ou consumidores e usuarios, entre outros.

De igual modo, no noso despacho asesoramos tanto a empresas como a particulares no campo do Dereito Laboral e da Seguridade Social, e en materia de Seguridade e Hixiene no ámbito do Traballo; facendo especial fincapé no Dereito Preventivo que evita ou minimiza, a posibilidade de conflitos, facilitando o bo clima laboral, e unha resolución sinxela do hipotético litixio.

Castreje & Co Avogados ten unha moi ampla experiencia na área do Dereito Penal, representando os intereses de particulares, empresas e Institucións Públicas.

A nosa intervención abarca a defensa e acusación en campos tan diversos como a prevaricación administrativa, falsidade documental, dereito penal económicos (estafas, fraudes de subvencións), accidentes ou lesión por imprudencia profesional, ataques ó honor, á intimidade persoal e familiar.

E trala reforma do Código Penal (reflectida na Lei 5/2010, prestamos asesoramento ós equipos directivos das empresas, fundamentalmente na prevención de condutas criminais dentro da propia sociedade; posto que tras dita reforma, creouse unha nova figura delitiva que supón a existencia de responsabilidade penal da persoa xurídica, con penas que poden chegar a supor a disolución, suspensión da actividade, intervención xudicial ou prohibición de contratación pública.