DEREITO DE NEGOCIOS


En Castreje & Co Avogados asesoramos a todo tipo de empresas, nas súas relacións contractuais con outros empresarios e o resto de operadores económicos, redactando toda clase de contratos; facendo especial fincapé na protección de cada parte intervinte no mesmo, en función da natureza xurídica do contrato e do obxectivo perseguido no mesmo, buscando minimizala eventual conflitividade a que poida dar lugar o tráfico mercantil.

Para iso, o noso traballo esténdese dende a constitución ata a liquidación e/ou disolución da sociedade, incluíndo o asesoramento integral ós órganos de goberno, ben sexa como letrados asesores do Consello de Administración ou como asesores externos.

Igualmente, debemos destacala nosa experiencia na reclamación de cantidades derivadas das débedas, de clientes en países terceiros, por contratos de subministración de equipos, compravenda de mercancías e prestacións de servizos; así como na constitución de sociedades mixtas e na busca de financiación para a implantación e internacionalización de empresas, en múltiples sectores de actividades, industrial ou comercial.

En tal sentido, o noso despacho está especializado no asesoramento integral a empresas do sector enerxético, na orixinación, negociación e desenrolo de proxectos enerxéticos, internacionais, especialmente no sector do LNG/gas e enerxías renovábeis: hidroeléctrica, eólica e biomasa.

Somos especialistas en consultaría en proxectos de LNG, negociación de MOU e contratos de compravenda de LNG a longo prazo. O noso bufete, asesora en materia de créditos de carbono ( (ERUs, CERs e Proxectos de Redución de Emisións) e na negociación de EPC para a construción de Plantas Térmicas, Regasificadoras e nos distintos proxectos de enerxías