DANOS


Un accidente ou unha neglixencia médica afecta á vítima de forma integral; pois non só se ve perturbada a súa saúde, senón tamén, a economía e o benestar persoal e familiar.

Todo cidadán debe recordar que si as lesións foron ocasionadas polos actos neglixentes ou descoidados de outras persoas ou empresas, ten dereito a solicitar unha indemnización polos danos e perxuizos que se lle teñan ocasionado; e en Castreje & Co atopará un grupo de avogados altamente especializado nesta materia, na que se lle

No noso despacho representamos a numerosos clientes con unha extensa variedade de demandas por lesións persoais, cuxo orixe foron dende accidentes automobilísticos e de construción ou laborais, ata danos causados por resbalóns, caídas, ruídos ou intoxicacións alimentarias.

Igualmente, representamos a clientes que foron vítimas dunha neglixencia médica; pois a nosa ampla e acreditada experiencia nesta materia (avaliada como avogados da Asociación del Defensor del Paciente dende o ano 1999) garante un servizo altamente especializado, no que traballan conxuntamente avogados e peritos para obtelo mellor resultado para os clientes, independentemente do tipo de dano xerado.

EN MATERIA DE ACCIDENTES E NEGLIXENCIAS AVALIAMOLO SEU CASO SEN COMPROMISO