DEREITO DA ENERXÍA

O noso despacho está especializado no asesoramento integral a empresas do sector enerxético, na orixinación, negociación e desenrolo de proxectos enerxéticos, internacionais, especialmente no sector do LNG/gas e enerxías renovábeis (hidroeléctrica, eólica e biomasa).

Somos especialistas en consultaría en proxectos de LNG, negociación de MOU e contratos de compravenda de LNG a longo prazo. O noso bufete, asesora en materia de créditos de carbono ( (ERUs, CERs e Proxectos de Redución de Emisións) e na negociación de EPC para a construción de Plantas Térmicas, Regasificadoras e nos distintos proxectos de enerxías renovábeis.

As nosas principais áreas de actividade son as seguintes:

  • Busca de financiación e socios enerxéticos para cada un dos proxectos
  • Busca de proxectos e xestión da súa validación
  • Consultaría e asesoramento na busca de proxectos internacionais de centrais térmicas, pequenas e medianas centrais hidroeléctricas, plantas regasificadoras de LNG, proxectos eólicos e eficiencia enerxética
  • Contratos de redución de emisións de gases de efecto invernadoiro (Protocolo de Kyoto)
  • Contratos internacionais de subministro, dende a negociación do MOU ata o contrato final
  • Declaracións de impacto medioambiental
  • Reclamacións por danos derivados da contaminación (acústica, aire, auga, solos)
  • Selección da enxeñería do proxecto
  •