En Castreje & Co Avogados asesoramos a todo tipo de empresas, nas súas realcións contractuais con outros empresarios e o resto de operadores económicos, redactando toda clase de contratos; facendo especial fincapé na protección de cada parte intervinte no mesmo, en función da natureza xurídica do contrato e do obxectivo perseguido por aquel.
Cada contrato mercantil esixe unha labor de interpretación moi detallada, tanto nas negociacións previas a súa formación, como na formalización das cláusulas que finalmente reflicten o demandando polas partes, na busca do equilibrio contractual.
No noso despacho buscamos que cada contrato de lugar á mínima conflitividade posible, protexendo na súa redacción os intereses do noso cliente. En materia societaria, o noso traballo esténdese dende a constitución ata a liquidación e/ou disolución da sociedade, incluíndo o asesoramento integral ós órganos de goberno, ben sexa como letrados asesores do Consello de Administración ou como asesores externos.
En tal sentido, as nosas áreas de actividade máis relevantes son:
Síguenos Online