Castreje & Co Avogados ten unha moi ampla experiencia na área do Dereito Penal, representando os intereses de particulares, empresas e Institucións Públicas.
A nosa intervención abarca a defensa e acusación en campos tan diversos como a prevaricación administrativa, falsidade documental, dereito penal económicos (estafas, fraudes de subvencións), accidentes ou lesión por imprudencia profesional, ataques ó honor, á intimidade persoal e familiar.
E trala reforma do Código Penal (reflectida na Lei 5/2010) prestamos asesoramento ós equipos directivos das empresas, fundamentalmente na prevención de condutas criminais dentro da propia sociedade; posto que tras dita reforma, creouse unha nova figura delitiva que supón a existencia de responsabilidade penal da persoa xurídica.
Entendendo que a empresa pode cometer delitos con independencia de que polas actuacións en cuestión sexan penados os representantes legais ou administradores, a persoa xurídica necesita un especial asesoramento preventivo para evitar que o Dereito Penal actúe sobre ela, con penas que poden chegar a supola disolución, suspensión de actividade, intervención xudicial ou prohibición de contratación pública.
Así pois, as nosas principais actividades son as seguintes:
Síguenos Online